viernes, 9 de mayo de 2008

Os actos das Letras Galegas en Vigo

O concello presentou as actividades que recordan a Xosé María Álvarez Blázquez.

Unha aposta pola cultura, a literatura e a arte foi o que onte reivindicou Santi Domínguez, tenente de alcalde, na presentación dos actos de celebración do Día das Letras Galegas na cidade. "Acabáronse os tempos de indefinición. Temos que ser respetuosos e apostar polos valores propios", matizou.

Carreiras pola lingua, espectáculos nas rúas, lecturas de versos de Álvarez Blázquez, actuacións musicais e un xantar popular no parque de Castrelos constitúen parte dos actos da próxima semana en Vigo. "Centrámonos nos valores da cultura, o deporte, a gastronomía e a música para que estas actividades sexan un eixo transversal", sinalou Santi Domínguez, para quen o Día das Letras Galegas "é un impulso engadido ao ser adicada a un autor que podemos considerar vigués e crea un maior estímulo para traballar a prol da lingua, a cultura e a historia de Galicia", engadiu.

Neste sentido, Iolanda Veloso, concelleira de Normalización Lingüística, sinalou que o Día das Letras Galegas "non é só unha data festiva", senón tamén "unhas xornadas que se celebran en conxunto na rúa para dar a coñecer a figura de Xosé María Álvarez Blázquez".

A concelleira nacionalista explicou a programación do concello de Vigo para o Día das Letras Galegas e resaltou a ruta "Camiña e coñece, o camiño das letras", unha visita de lugares relacionados coa cultura e a historia galegas "descoñecidos pola cidadanía", sinalou. Así, ensinarase onde se publicou o primeiro libro de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, onde viviu o primeiro tradutor do grego antigo ao galego da "Ilíada", entre outros lugares que cambiaron o devir da lingua e a cultura galega.
"Con estas actividades queremos que os nenos e nenas coñezan o significado las Letras Galegas e recordar que había voces que se erguían en tempos escuros para defender a nosa terra", declarou Santi Domínguez.

Así, o primeiro acto programado polo concello será o xa popular "Correlingua 2008", no que centos de rapaces percorrerán as rúas de Vigo en prol da lingua". Na víspera do Día das Letras Galegas, as rúas da cidade contarán con espectáculos de teatro e literatura musical.

O sábado 17 de maio, despois da ruta "Camiña e coñece, o camiño das letras", o concello organiza o chamado "Xantar-romaría das Letras", que terá como sobremesa diversas actuacións de grupos de gaitas e xogos populares para os máis pequenos.
Ese mesmo día inaugurarase a nova exposición do museo Quiñones de León, chamada "Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo", e que ofrecerá visitas guiadas en grupos.

Pechará os actos a conferencia de Pilar Barciela "O arqueólogo: Xosé María Álvarez Blázquez, buscador de tesouros", na Casa Galega da Cultura o próximo 20 de maio.
Na presentación tamén estiveron presentes Xesús López, concelleiro de Cultura, e Xabier Alonso, concelleiro de Deporte.

CALENDARIO

Romaría no parque de Castrelos o sábado, 17

- Mércores 14 de maio. Carreira popular "Correlingua 2008" polas rúas da cidade.
- Venres 16 de maio. Títeres en acción con "Trastos vellos", na Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Lavadores. Espectáculo literario-musical a cargo de Anxo Angueira "Fóra do sagrado", na praza da Constitución.
- Sábado 17 de maio. Ruta "Camiña e coñece, o camiño das letras", un percorrido de 3 horas polas rúas da cidade.
No Calvario, praza da Independencia e no Farol entre Príncipe e Colón recital "Eu tamén quero, eu tamén leo".
No Verbum, "Lectura-gravación" de versos de Álvarez Blánquez.
"Obradoiros" para nenos e nenas que achegan a figura de Álvarez Blázquez a través de diferentes xogos, no Verbum.
"Xantar-romaría das Letras", no parque de Castrelos.
"A festa", tras o xantar, contará con xogos tradicionais e música, como os grupos Zurrumalla, Na Virada e A Loco Motora, de Eva e Cecilia. Tamén se celebrará en Castrelos.
Inauguración da exposición "Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo", no museo Quiñones de León.
Teatro, "Trastos vellos", en Coruxo, e "Parella aberta", en Coia.
- Domingo 18 de maio. Proxección do filme "O concursante", nos cines Yelmo-Cineplex.
- Martes 20 de maio. Conferencia de pilar Barciela na Casa Galega da Cultura.

viernes, 2 de mayo de 2008

BREVE HISTORIA DEL PERIÓDICO DECANO EUROPEO DE LA PRENSA DE DISTRIBUCIÓN GRATUITA: EL FORO METROPOLITANO DE VIGO

EL FORO METROPOLITANO es un periódico gratuito y bilingüe que nace en Vigo en 1990 con el nombre de O Foro da Portela. Es decano europeo de la prensa de distribución gratuita, siendo la segunda la revista Coia Información (en la actualidad revista El Gran Vigo) nacida en esta misma ciudad en 1991. El honor de ser la tercera publicación lo ostenta el Minidiario que apareció por primera vez en Valencia en 1992. En estos últimos años aparecieron distintas publicaciones de distribución gratuita en todos los países europeos.

EL FORO METROPOLITANO, periódico de alta calidad, se imprime en 32 páginas a todo color, en papel alta blancura de 55 grs. Las medidas de sus páginas son 290 x 420, módulos 50 (alto módulo 35, ancho columna 45), número de columnas 5 y la medida de mancha es de 247 x 370.

EL FORO METROPOLITANO desarrolla en sus páginas las secciones de: Foro especial, Vigo, Pontevedra, Galicia, España, Participación Ciudadana y además se tratan, aparte de la información general, asuntos de interés de los distintos sectores: economía, desarrollo sostenible, I + D, sociedad, educación, cultura, deporte, medioambiente, política, etc..

El grado de importancia de este periódico, EL FORO METROPOLITANO, o de cualquier otro del mundo, en Internet, se puede comprobar en el medidor de medios Mediatico.Com que es un directorio de medios de comunicación de todo el mundo.

Mediatico.com

EL FORO METROPOLITANO es una publicación INDEPENDIENTE, tanto de las instituciones como de los poderes financieros, que tiene como finalidad la información directa, veraz, fiable y responsable. Por ello se reserva el derecho de no publicar escritos, artículos y anuncios cuyos contenidos puedan considerarse contrarios a la legislación vigente, u ofensivos para las personas físicas o jurídicas afectando a su intimidad y honor. Así mismo no publica los anuncios o información que puedan implicar perjuicio para los menores, hagan apología del uso de la violencia, estén relacionados con el juego ilegal, petición de dinero, sectas, discriminación racial, que solicite envío de sellos como respuesta, que implique contactos, intercambios sexuales, ni aquellos cuyo teléfono de contestación, contacto o información empiecen por 906 y otros de iguales características.



SUPLEMENTOS

EL FORO METROPOLITANO cuenta con los suplementos El Foro Metropolitano de Vigo – Pontevedra, El Foro del Val Miñor y la Revista El Gran Vigo, como ediciones escritas. Además cuenta con varios periódicos digitales, Web, blogs y próximamente con la televisión Vigo TV.


DISTRIBUCIÓN

EL FORO METROPOLITANO es un periódico gratuito que se edita en Vigo, de capital gallego. Se distribuye en Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mos, Porriño, Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo, A Cañiza, Crecente, Arbo, As Neves, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas, Tuy, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Gondomar, Nigrán, Bayona, Santa Mª de Oia, , Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Sotomaior, Vilaboa, Pontevedra, Santiago de Compostela, Coruña, Lugo, Orense, algunas partes de España y Portugal. Además también se envía a distintos lugares fuera de España: ONU, Vaticano, Patronato de los Premios Nobel, Casa Real Sueca, Argentina, Brasil, Venezuela.

El periódico EL FORO METROPOLITANO, a todo color tienen la mejor distribución para un medio de comunicación de esta categoría: Suscritores, Comunidades de empresarios de polígonos industriales, asociaciones culturales, vecinales, juveniles, etc., asociaciones y confederaciones de empresarios, confederaciones y asociaciones sindicales, empresas puerto, Estación Marítima, aeropuerto, estación de ferrocarril, estación de autobuses, polígonos industriales, gasolineras, ayuntamientos de la provincia de Pontevedra, Coruña, Lugo y Orense, alcaldes, bibliotecas, colegios e institutos, universidades, Diputación Provincial de Pontevedra, A Coruña, Lugo y Orense, Delegaciones Provinciales de la Xunta y del Estado, colegios de árbitros, colegios profesionales, delegaciones de federaciones deportivas, concejales y otros cargos de Ayuntamientos, conselleiros, dependencias, presidencia de la Xunta, bibliotecas de toda Galicia y bibliotecas municipales y de colegios e institutos de la provincia de Pontevedra, Bancos y Cajas de Ahorros, Federación de Vecinos, Asociaciones, clubes deportivos, Obispado de Tuy – Vigo, buzoneo, bares, cafeterías, restaurantes, hoteles, hostales, clínicas privadas, ambulatorios, casas de salud, hospitales, peluquerías, comunidades de vecinos, Gobierno Central, Ministerios, Bibliotecas Nacionales, Fundaciones y otros organismos a nivel estatal, Xunta de Galicia, Arzobispado de Santiago de Compostela, algunas importantes empresas, centros culturales y universidades de Portugal, etc.


COLABORADORES EN LOS REPORTAJES Y FOROS ESPECIALES

Entre otros muchos, colaboran o han colaborado con nosotros en nuestros foros especiales:

Políticos (Presidentes, Ministros, Consellerios, Alcaldes, Concejales, Diputados, Senadores, etc): José Luis Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy Brey, Emilio Pérez Touriño, Anxo Quintana, Manuel Fraga Irribarne, Rafael Lourzan Abal, Xosé Manuel Beiras, Francisco Cacharro Pardo, Pilar del Castillo, Francisco Cerviño González, Hixinio Beiras Cal, Guillermo Hernández Cerviño, Celso Currás Fernández, Jesús Pérez Varela, Ángel Latas, Pablo Ferreira, Delfín Fernández, Enrique López Veija, Aurelio Miras Portugal, Alberto Núñez Feijoo, Xosé Manuel Barreiro Fernández, José María Hernández Cochón, Carlos Mantilla, Antón Louro Goyanes, María Xosé Porteiro, Enrique López Veija, María José Cimadevila Cea, Juan Rodríguez Yuste, José Blanco López, Manel Gallego Lomba, Rosa Miguélez Ramos, Antolín Sánchez Presedo, Pedro Zerolo, César Pascual Fernández, Xosé Francisco Ferreiro Abelleira, Jesús Caldera, Gaspaz Llamazares, Manuel Luis Rodríguez González, Modesto Pose Mesura, Carlos Aymerich, Cristina Carbona, Francisco Araújo Castro, Alejandro Tiana (Secretario General de Educación), Laura Elena Sánchez Piñón, Luis Gómez Piña, Nicolás Iván Vaqueiro, Xosé Paz Antón, Ánxela Bugallo Rodríguez, Javier Arellano, Ricardo Varela, Alfonso De Lis, Arantza Ruiz (Pais Vasco), Javier Bernabé Martín (Gijón), María Luisa Graña, Loles Dolz, Carmela Silva, Elena Espinosa, Juan Frojan, José Manuel Figueroa, María Méndez (BNG), María Dolores Cabaleiro, Xosé Carlos Arias, Isarua Abelairas, Miguel Barros Puente, Silvia Bermúdez Pérez (Responsable Comarcal de Galiza Nova), Gonzalo Caballero, Pilar Rojo, Lucia Molares Pérez, Olaia Fernández, Mauricio Ruiz Ceniceros, Enrique Viéitez Alonso, Xavier Toba, Ignacio López – Chaves Castro, Amador Fernández Fernández, Santiago Domínguez Olveira, Marta Iglesias Bueno, Belén Sío, Margarida Martíns, Ángeles Silva Gónzalez (Baiona), María Luisa López Castro (Gondomar), Ana Maria Ríal Fernández (Nigrán), Juan Hermida (Nigrán), María Jesús Martins (Baiona), Laura López Atrio, Manuel Núñez Sestelo (Gondomar), Enrique Cabaleiro González (Salceda de Caselas), Xulio Calviño, Corina Porro, José López Orozco (Alcalde de Lugo), Xosé Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago de Compostelea), Raúl Francés Rodríguez (Alcalde de Porriño), María Jesús Escudero (Alcaldesa de Mos), Xaime Rei Barreiro (Alcalde de Redondela), Luis Carlos de la Peña (Baiona), Xosé M. Millán Otero (Moaña), , Lois Pérez Castrillo, Manoel Soto Ferreiro, Manuel Pérez, Cesar Mera (A Cañiza), Ventura Pérez Mariño, Carlos Príncipe, Abel Caballero, Benito Pérez (Alcalde Pedáneo de Bembrive), Efrén Juanes (Nigrán), Antonio Araújo Quintas (Gondomar), etc.

Directores Generales: Rosa María Peris Cervera (Directora General del Instituto de la Mujer), Margarita Rodríguez Rama (Directora Xeral do IGAPE, Carlos Gómez Arruche (Director General de la Guardia Civil), Loreto San Martín Gómez (Directora General de Juventud), Javier Valenzuela Gimeno (Director General de Información Internacional), Ignacio Calderón (Director General de la FAD), Rafael Blanco Perea (Director General del Consejo superior de Deportes), Carlos Muñoz Repiso (Director General de Tráfico), Mª José Thomas Berbén (Coordinadora oficina de Emigración), etc.

Cuerpos de Seguridad del Estado: Manuel Ignacio Oliver Buhigas (Teniente General Jefe del Mando Regional Noroeste), Manuel Mariño Castro (Comisario Jefe de la Policia de Vigo - Redondela), José Sotelo Rodríguez (Jefe de la Policía Local de Vigo), Manuel Lamas Estévez (Comisario de Policía), etc.

Poder Judicial: Candido conde Pumpido Touron (Fiscal General del Estado, Xesús Souto Prieto (Presidente del Tribunal Superior de Justicia de Galicia), Emilio Calatayud Pérez (Magistrado del Juzgado de Menores de Granada), Vicente Magro Server (Presidente de la Audiencia Provincial de Alicante), Joaquín López Valeiras (Secretario del Juzgado de los Social nº 5 de Vigo), Adolfo Pérez de Oliver y Toliva (Consejo General del Poder Jurdicial), etc.

Rectores, catedráticos, profesores universitarios: Carlos Berzosa Alonso (Rector Universidad Complutense de Madrid), Araceli Macia (Rectora de la UNED), Manuel González Mouriño (Director del CPI Sárdoma), Manuel Mella (Catedrático Universidad Complutense), Enrique Varela Álvarez (Profesor Universidad de Vigo), Alberto Vaquero García (Universidad de Vigo), Argimiro Rojo Salgado (Catedrático Universidad de Vigo), Oscar García (Profesor Universidad de Vigo), José Luis Legido (Universidad de Vigo), Luis Barrio Murga (Universidad de Vigo), Miguel Ángel Miras Calvo (Doctor en Matemáticas), Manuel Burgos Tomil (Profesor Universidad de Vigo), Jacobo Izquierdo (Profesor Universidad de Vigo), Jaime Aneiros Pereira (Universidad de Vigo), Emilio Rey (Universidad de Vigo), Serafín Villanueva Bembibre (Profesor Filosofía), Enrique Vila Abad (Director UNED A Coruña),

Empresarios e Instituciones empresariales: José Costas García (Presidente de la Cámara de Comercio de Vigo), José Manuel Fernández Alvariño (Presidente de la Confederación de Empresarios de Pontevedra), Juan Ramón Güel (Presidente del Club Financiero de Vigo), Javier Centeno (Gerente de AJE), Pilar Blanco Tuimil (Presidenta AJE Vigo), José Ángel Blanco Núñez (Gerente de Compostela Monumental), Encarna Álvarez García (Presidenta de la Federación de Comerciantes de Vigo), Antonio Reguera Repiso (Presidente de la Federación Provincial de Comercio), José Martínez Torea (Ex Presidente Autoridad Portuaria), José Antonio Lama Moure (Director Academia Postal), Antón Piñeiro (Presidente de la AD Seis do Nadal, Julio Fernández Gayoso (Presidente Caixanova), Pablo Comesaña Vázquez (Director Adjunto de Astilleros M. Cies), Daniel Fernández – Alvariño Ferro (Director Gerente Salfer), Carmen Caffael (Directora de RTVE), Juan Antonio González (Autoescuelas San Benito), Asociación de Empresarios da Pasaxe (Gondomar), ACHEGO – Asociación de Comerciantes y Empresarios de Gondomar, José María Delgado (Director Gerente de PROSOLIA), Candido Cabaleiro Lorenzo (Alquipos), Rosa Rodríguez Fundin (Comunidad de Empresarios del Polígono de Miraflores Sárdoma), etc.

Cultura: Alfonso Zulueta de Haz (Presidente del Consello da Cultura Gallera), Antonio Montero Carro (Gerente del Consello da Cultura Galega), Lalo Vázque Gil (Cronista Oficial de Vigo), José Mª Seijas López (Presidente de la Federación Gallega de Comercio), Alberto Zambade (Escrito Arganda del Rey), Xavier Illa Couto (Presidente del Instituto Galego de Estudio comunitarios), Jesús Calabuig (Pintor), Damian Villalaín (Director de la Fundación Carlos Casares), Victor Freixanes (Escritor),

Iglesia y otras Istituciones: Julian Barrio Barrio (Arzobispo de Santiago de Compostela), Enrique Múgica Herzog (Defensor del Pueblo de España), José Ramón Vázquez Sánchez (Valedor do Pobo), Luis Espada Recarey (Valedor do Ciudadán),

Periodistas: Julia Donis Cerezo (TVE), Carmen Domínguez Simona, Alfredo Goberna, Diego Vázquez, Jorge Lamas, Juan Villar, Benigno de la Torre, Lino Blanco, Antonio Estévez, Eugenio Eiroa, Alejandro López Casal, Miguel Ángel Rodríguez, Alberto Ovenza, Antonio Saborido, Miguel Esqueira,

Sindicatos: Olga Alonso Suárez (UGT), Cristina Fojo Campos (Secretaria Mujer CIG), Elena Rodríguez (Secretaria Mujer CCOO), Santos Héctor Rodríguez (UGT), Xerardo Abraldes (CIG), Joel Vázquez Alcántara (CCOO), Suso Seixo (Secretario General CIG), Xan María Castro (Secretario General de CCOO Galicia), Xesús Mosquera (Secretario General UGT Galicia), Julio Ruiz Ruiz (Secretario Confederal de Migraciones CCOO), Carmen Nodar Sanmartin (Responsable del Área de Migraciones de UGT), Manuel Mera (Secretario Confederal de Formación Sindical y Migración de CIG), Teresa Vázquez Arias (Secretaria General de CGT Galicia), Xaime López Golpe (Secretario de Acción Sindical CCOO), José Antonio Gómez Goméz (Secretario General UGT Galicia), Joaquin Rodríguez García (Secretario Acción sindical UGT), Xosé Cameselle Romero (Secretario General Unión Comarcal CCOO Vigo), Emilio Bahmondo López (Secretario General Transportes UGT), Xavier Aboi Pérez (Secretario Sectorial do Mar CIG), José Manuel Fernández Pérez (Secretario General CCOO Vigo)

Asociacionismos: Elena González (Presidenta de la Federación Eduardo Chao, Antonio García (Presidente de AHIGE – Canarias), Mar Asunción (WWF/ADENA), Xosé Veiras García (ADEGA), José Luis García Lorenzo (Greenpeace España), Liliana Spendeler (Amigos de la Tierra España), Eleuterio García (Delegado Atletismo), Antonio Iglesias (Presidente del a Federación Gallega de Motonáutica), Asociación Vecinal O Carballo Sárdoma, Asociación de Propietarios de la Carballa, Asociación de Vecinos de Teis, Asociación de Vecinos Camiño Vello de Coia, Asociación de Vecinos de Lavadores, Asociación de Vecinos del Calvario, Sociedad Cultural Helios de Bembrive, Asociación Fonte do Galo, Asociación Veciñal Casco Vello, Asociación de Vecinos de Beade, Asociación de Vecinos Val do Fragoso, Pedro Mezquida (Secretario General de ASNEPA), Asociación de Vecinos Santa Lucia de la Salgueria, Asociación de Afectados de Matamá, Colectivos de Afectados de Lavadores, Asociación Liñeiriños Cabral, Asociación de Afectados de Ameixeira Alcabre, Asociación Alternativa Veciñal, Colectivos de Afectados de Samil – Navia, Colectivos de Afectados de Teis, Asociación de Afectados de Sárdoma, Pedro Gómez Valadés (Presidente de la Asociación Galega de Amizade con Israel), Adenco, Ecologistas en Acción, Raúl Vila Caride (Presidente de Xestas), Elva Riveiro (Presidente de Lúa), Carmen Avendaño Otero (Presidenta de la Fundación Írguete),

Arquitectos: Miguel Font Rosell, Carlos Ardid

Deporte: Manuel Parcero (Delegado Federación de Fútbol), Fernando Iglesias (Delegado Colegio de Árbitros), Daniel Costas Fernández (ASDEBAV), Francisco José González (Delegado Provincial Deportes), Felipe Buceta Fernández (Coordinador Deportes en Edad Escolar), José Ángel Otero Lamas (Dto.. Técnico IMD), Chano Rodríguez (Deportista),

Salud: Carlos Ponte Mittelbrunn (Médico y Presidente de la Federación de Asociaciones de defensa de la sanidad pública), Víctor Aznar Marcén (Presidente de Satse), Miguel Mosquera Claro (Médico), Ignacio Sáenz Consculluela (Presidente de PEACRAM),

Colegios: Concepción Martínez (Directora del CEE Saladino Cortizo), Arcadio Rodríguez (CEIP Escultor Acuña), José Manuel Piñeiro (Profesor), Manuel Ovidio González (CEIP Sárdoma Moledo), Cesar Blanco (Academia Postal), Juan Francisco Centrón (Director del CEIP Mosteiro Bembrive), Luis Barbosa Fernández (Director CEIP Chans Bembrive),

Otros: Miguel Anxo Rodríguez (Abogado), Francisco Crusat (Abogado), Antón Carreira (Abogado), Oscar Martínez (Abogado), Francisco Ferreira, Alberto Monedero, Manolo Porto, Santiago Rial (Corujo), Fernando Aira Enríquez (Veterinario), Juan Carlos Paz (Abogado), Xaviero Pérez Tizón (Ingeniero), etc.


¿CÓMO ESTÁ LA DIFUSIÓN EN GALICIA?

Los medios de comunicación que más han crecido en Galicia, en el período 2006/2007, han sido: La Voz de Galicia en prensa diaria y El Foro Metropolitano de Vigo en periódicos mensuales.

La Voz de Galicia. La difusión del pasado mes de mayo fue de 104.933 periódicos diarios, lo que supone un incremento del 4,04%.

El Foro Metropolitano. La difusión mensual es de 50.000 ejemplares. Tiene varios suplementos: El Foro del Val Miñor, Revista El Gran Vigo, El Foro Metropolitano de Vigo-Pontevedra,...Y los periódico digitales: elforodigital,com, elgranvigo.net, vicusmetropolis.com, infojoven.net, .... Los buenos resultados de difusión de La Voz de Galicia y El Foro Metropolitano de Vigo contrastan con la tendencia negativa de la mayor parte de la prensa impresa.

La Voz, junto con La Nueva España y El Foro Metropolitano, encabeza el crecimiento de la difusión en el grupo de los diarios que no se editan ni en Madrid ni en Barcelona. En el ámbito gallego, refiriéndose a datos acumulados de enero a mayo del 2007 en comparación al mismo período del 2006,Faro de Vigo, segundo diario en difusión en Galicia, cae un 3,5% y se queda en 40.021 ejemplares. El Atlántico Diario no aparece ni en el grupo de los de 2.000. La Opinión baja un 2,6%, y vende 6.144 periódicos. También es negativo el resultado de El Progreso, con un 1,5% menos. Las cabeceras gallegas de los periódicos de venta difunden en conjunto 83.973 ejemplares, 19.306 menos que La Voz.

RÉCORD EN INTERNET

También la edición digital de La Voz de Galicia marcó un nuevo récord de audiencia en el mes de mayo, junto con http://www.elforodigital.com/, segundo periódico digital más visitado de Galicia según Mediatico.com

ENCUESTA OCTUBRE 2005

Perfil del lector habitual de prensa: El Foro Metropolitano

Muestra: 1500 personas | 500 Vigo y Zona de influencia | 500 resto provincia de Pontevedra | 500 resto Galicia


Nivel de estudios

21% (sin estudios); 49% (básicos); 84% (secundarios); 83%(universitarios)

Nivel económico

31% (medio bajo); 84% (medio); 67% (medio alto); 8% (alto)

Por sexo

49% mujeres; 51% hombres

Tiempo dedicado a la lectura de la prensa

29% (10 min.); 36% (15/30 min.); 21% (30/45 min.); 16% (60 min.); 5% (más de 60 min.).

¿Cómo considera a El Foro Metropolitano?

Buena información: 90%
Independiente: 87%
Veraz: 93%
Objetivo: 92%

¿Qué destaca de El Foro Metropolitano? (Valoración de 0 a 9)

Información veraz e independiente 9
Información de Vigo 8
Información de Pontevedra 8
Información de Galicia 7
Información de España 6
Foros y opinión 9
Diseño 6
Fotografía 6
Calidad de impresión 9
Publicidad 7
Suplementos 7


ENCUESTA ENERO 2007 DE MEDIATICO (directorio de periódicos de todo el mundo) sobre www.elforodigital.com

www.elforodigital.com
Incremento mensual de visitas: 42,58%
24 de Enero: 20.710 visitas (según la medición de MEDIATICO.COM)

En el pasado mes de Enero el periódico digital www.elforodigital.com registró un incremento de visitas del 42,58 % sobre el mes de diciembre, y del 81,11% en relación con el mismo mes del año anterior.

En Enero de 2007 se superaron por primera vez las 20.000 visitas/día, siendo el 25 de Enero el día en que se registraron más visitas, 20.711.


ALGUNOS NÚMEROS DEL PERIÓDICO EL FORO METROPOLITANO EN PDF.

Abril 2008
Marzo 2008
Julio 2004
Agosto 2004
Diciembre 2004


INFORMACIÓN RECOGIDA EN PRENSA DE DISTRIBUCIÓN GARTUITA Y EN WIKIPEDIA

El Foro Metropolitano de Vigo, periódico gratuito y bilingüe, nace en Vigo en 1990 con el nombre de O Foro da Portela. Decano europeo de la prensa de distribución gratuita tiene como segunda a la revista Coia Información (en la actualidad revista El Gran Vigo) nacida en esta misma ciudad en 1991. El honor de ser la tercera publicación lo ostenta el Minidiario que apareció por primera vez en Valencia en 1992. Tres años después(1995) salió a la luz Metro, un periódico sueco, y la siguiente empresa en lanzar al mercado un periódico gratuito fue la noruega Schibested, que en 1999 publicó desde Zúrich el periódico 20 Minutos.

Fue Estados Unidos el país pionero en prensa gratuita, con la publicación, en la década de 1940, del primero de estos periódicos, que actualmente se denomina Contra Costa Times. En los años 70 surgieron algunas publicaciones gratuitas más, aunque este tipo de prensa no empezó a ser popular en Norteamérica hasta la década siguiente.

Como hemos dicho antes Europa se incorporó a esta corriente con mucho retraso y fue España el país que dio el primer paso, en 1990.

domingo, 20 de abril de 2008

A necesidade dun cambio cultural na atención á mocidade

Antonio Montero Carro
Xerente do Consello da Cultura Galega

Dende hai unha década temos a xuventude mellor preparada dos últimos cen anos e, sen embargo, non facemos máis que alporizarnos polo seu comportamento. Queixámonos do «botellón», dos estragos no mobiliario urbano, das súas festas, da falta de atención ós maiores, das liortas entre eles, da velocidade á que conducen e, mesmo, da súa forma de vestir.

Temos que pensar no que estamos a facer con esta xeración e reflexionar en se cómpre acometer un cambio cultural. Temos que solicitarlle á sociedade civil un cambio de estratexia, demostrando que esta xeración da que estamos a falar posúe unha gran formación universitaria e temos a obriga de buscar unha fórmula intelixente que nos permita aproveitar as súas potencialidades que, estou seguro, son moitas e moi variadas. Propoño, con tal fin, que se creen Centros de Emprendedores Culturais, onde se tutelen dende os entes públicos unha serie de centros dedicados á xestión de proxectos culturais de contido variado propostos e executados por xente nova, sen intervir de ningún outro xeito que non sexa o meramente organizativo ou de darlles soporte de infraestructura. Trátase fundamentalmente de crear cultura activa: os xoves propoñerán a creación de grupos de teatro, de danza ou de jazz e poñerán en escena o seu traballo; logo dun tempo, e se as iniciativas acadan un formato máis empresarial e son rendibles, serían eles os encargados de desenvolvelas.

Debemos crer nesta mocidade á que lle toca vivir nun mundo cambiante, e na que a sociedade ten investidos moitos cartos na súa formación e non merece ser abandonada a un mundo cruel que cada día se fai máis agresivo e vai abandonando as súas tradicións culturais. Os nosos dirixentes teñen que estimular culturalmente esta xuventude, con capacidade para formar unha conciencia crítica e unha nova ética capaz de manter unha diversidade cultural e multirracial, que lles permita facer posible unha convivencia máis humana e acadar unha conciencia cidadá.

Faise necesario, polo tanto, abrir novas vías de creación máis aló do que pode entenderse como un producto mercantilista, xa que hai moita confusión entre o mundo cultural e os grandes negocios do entretemento de masas. Pretendemos priorizar a creación e estimular a participación. Se finalmente se logra un producto comercial, pois moito mellor.

Un Centro de Emprendedores Culturais pode ser posto en marcha en calquera lugar, mesmo nun colexio, nunha casa, nun vello almacén ou na casa de cultura; pero debe ter independencia para que a xuventude se achegue sen necesidade de depender dos maiores. Os mozos e mozas teñen que aprender a asumir a súa responsabilidade e teñen que saber xestionarse e organizarse.

Como exemplos de proxectos que se poderían levar a cabo, pódense mencionar desde talleres de artes escénicas, contando con profesionais de teatro, profesionais de atrezzo ou mesmo bailaríns, todos eles formando un grupo de traballo capaz de poñer en escena unha obra que representarían alí mesmo ou na casa de cultura do seu barrio ou aldea. Outro exemplo pode ser o dun grupo de amigos, ós que sempre lles fixo ilusión montar unha banda de rock, pero que non teñen onde ensaiar, ou non atopan a maneira de formala porque lles falta unha vocalista, ou non atopan megafonía... Neste centro poderían poñerse en contacto con outros músicos e atopar todo o material necesario para levar adiante o seu proxecto. Outro caso pode ser o dun grupo de afeccionados ou non afeccionados á olería ós que lles gustaría facer os seus deseños e xuntarse arredor desta idea e poñela en marcha. Estas e moitas outras ideas son as que propoñemos que agromen e xeren un revulsivo cultural para que a mocidade lle dedique parte do seu tempo de ocio a estas iniciativas e á colaboración coa sociedade.

Outras cousas importantes, ó meu entender, serían achegar en moitos casos a cultura participativa á sociedade e facer que os políticos sexan máis xestores e non tan dirixistas á hora de poñer en marcha iniciativas culturais. Deberían pararse a mirar e escoitar novas propostas, esquecéndose de que en moitos casos van ter que enfrontarse a unha boa parte da sociedade, reaccia a que as súas ideas se leven á práctica.
Neste momento estamos sendo testemuñas activas do ocaso da cultura tradicional galega. Todos nós temos avós e sabemos o que eles saben, pero desaparecen e con eles vai desaparecer unha parte importante da nosa tradición, sen deixar pegada. Ó paso que imos o risco acelérase e cada día é meirande a separación incluso desta xeración de mozos e mozas coa xeración dos seus pais. Isto pódese evitar dándolle responsabilidade á xuventude, ofrecéndolles, por exemplo no referido ó deporte, non só alternativas como o fútbol, senón outros xogos tradicionais que se practicaron durante anos e hoxe están esquecidos. Este tipo de Centros de Emprendedores Culturais axudarían tamén á recuperación do noso patrimonio cultural.

Cultura para todos/as. Un camiño a seguir

Santiago Domínguez Olveira
Concelleiro Concello de Vigo


Moito se ten falado e conceptualizado en torno ao que se debe entender por cultura, en torno ao que realmente significa unha liña cultural clara ou simplemente sobre que as tendencias culturais se deben incorporar á cultura "chamada contemporánea".

Non vai ser ningunha desas a miña intención á hora de redactar este artigo que tan xentilmente me ofrece esta revista, (que se vai consolidar sen dúbida como unha importante publicación na nosa cidade), senón que tratarei de enmarcar unhas modestas reflexións sobre o que entendo debe ser unha política cultural que pretenda achegarse a todos/as e que pretenda integrar a gran maioría das manifestacións culturais que se dan.

En primeiro lugar débese ter claro que "culturizar" a poboación non debe significar nunca a transmisión "por embudo" dunha serie de coñecementos, estratexias, ou directrices tendentes a crear conciencians interesadas ou dirixibles polos propios poderes de opinión.
Unha persoa culta non é a que ten moitos coñecementos, senón a que mellor sabe adaptarse ás realidades que se lle presentan.

Deste xeito todo o traballo cultural terá que encamiñarse a que as persoas integren a súa propia historia, o seu propio ser e actuar no conxunto da sociedade para enriquecela e potenciala.
p Cultura para todos/as significa que non podemos contentarnos só con ofertar unha serie de actividades ou con ser meros receptores de demandas "a carta", senón que os nosos esforzos tenderán a ser xeradores das propias potencialidades artísticas, musicais, literarias, etc. que as propias persoas levan dentro.

Se queremos unha sociedade máis culta, informada e sobre todo integrada, temos ineludiblemente que centrarnos dende os inicios desa sociedade, é dicir, os nenos/as e o seu entorno máis próximo: os centros de ensino; se eu quero que miña filla escoite un concerto cando teña 14 ou 16 anos terei que expicarlle dende moi pequena que é a música; terei que espertarlle o gusto e a sensibilidade, dun xeito lúdico e non presionante; se quero que un adolescente visite o museo terei que inculcarlle desde neno qué significa o diálogo artista-espectador; terei que descubrirlle o mundo da cor, da expresión artística, etc... . Se queremos que os mozos/as se acheguen á lectura, primeiro terei que falar dos personaxes, do mundo da fantasía e do que pode descubrir nese mundo, e non empezar por "obrigarlle a ler".

En definitiva, sabemos que VIGO segue sendo unha cidade pouco vertebrada onde aínda a sociedade non se recoñece participe e protagonista do seu pasado, presente e futuro. Un bo paso para superar esta desvertebración sería sen dúbida crear un espacio cultural común onde se camiñará cara a un horizonte de integración e onde as realizacións culturais foran froito do esforzo e da creatividade colectiva; foran froito da enerxía e da potencialidade creadora da nosa cidade. Só así poderiamos empezar a falar dunha cultura e dunha cidade para todos e todas